Condicións de uso
CONDICIÓNS DE USO DA BOLSA DE EMPREGO |
|
---|---|
Obxectivo e funcionamento xeral da Bolsa de emprego | A formación profesional comprende o conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das diversas profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica. O obxectivo final desta Bolsa de emprego é facilitar o acceso ao emprego do alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional Ánxel Casal - Monte Alto mediante a creación dun espazo virtual entre o referido alumnado (persoas candidatas) e as empresas rexistradas como oferentes de emprego.
Este espazo posibilitará, por unha banda, que as referidas empresas publiquen as súas ofertas de emprego e reciban as candidaturas das persoas interesadas ou accedan ao seu perfil e currículum vítae (en diante, CV) e, por outra banda, que as persoas candidatas editen e xestionen o seu CV e as súas candidaturas configurando as súas preferencias de privacidade na procura de emprego para determinar quen pode acceder aos seus datos de perfil e CV. As empresas recibirán por correo electrónico notificacións de solicitudes para as ofertas presentadas e as persoas candidatas, cando así o elixan, recibirán a través deste mesmo medio notificacións das novas ofertas. |
Condicións de uso para as persoas candidatas |
Poderán rexistrarse como persoas candidatas na Bolsa de emprego os alumnos e alumnas do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto ata dous anos despois, como máximo de obter a súa titulación. Os CV e perfís achegados deberán incluír os datos persoais pertinentes e necesarios para a xestión da súa candidatura nos procesos de selección de persoal (datos de contacto; datos académicos; outros coñecementos; aptitudes profesionais e experiencia) evitando calquera información de carácter especialmente sensible ou que poida comprometer a súa privacidade ou intimidade. As persoas candidatas garantirán que a información incluída no seu CV e perfil e verdadeira, exacta e está actualizada. A estes efectos, as persoas candidatas responden da veracidade de tódolos datos do seu CV e manterán convenientemente actualizada a información facilitada. Os CV das persoas candidatas conservaranse activos, agás que estas retiren antes o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais ou soliciten a supresión dos seus datos, durante o prazo máximo de dous anos desde a obtención da correspondente titulación. Excepcionalmente poderán manterse durante un ano máis no caso de que a persoa interesada expresamente o solicite a través da conta de correo bolsaemprego.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal ou a través do propio formulario de contacto da plataforma da Bolsa de emprego. Unha vez o CV deixe de estar activo, eliminarase este pero conservarase a evidencia do consentimento prestado para o tratamento dos seus datos con esta finalidade durante o tempo necesario para atender calquera responsabilidade que puidera derivarse do devandito tratamento, e como mínimo, durante tres anos. |
Condicións de uso para as empresas |
As empresas rexistradas deberán publicar unicamente ofertas de emprego reais respondendo da veracidade das condicións ofrecidas. No caso de que, por calquera medio, se detecten condicións abusivas ou discriminatorias nas ofertas publicadas estas serán retiradas. Nos casos máis graves, a empresa responsable poderá ser dada de baixa do rexistro. As empresas rexistradas deberán respectar o dereito á protección de datos persoais das persoas candidatas cuxos CV reciban ou accedan. Unha vez recibidos os datos persoais pola empresa interesada, esta será a responsable do seu ulterior tratamento sen que desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional estenda a súa responsabilidade máis alá do tratamento efectuado por ela mesma. |
Máis información |
Nota: Cada certo tempo poden actualizarse estas condicións debido a adaptacións á lexislación vixente, polo que se recomenda que se revise este documento periodicamente. Todos os cambios realizados publicaranse nesta páxina web. Se os cambios son substanciais proporcionarase un aviso máis formal por correo electrónico.